O “NAOMH GOBNAIT”

En 2014 Danny Sheehy, poeta, pescador e mestre de carpintería, decidiu construír artesanalmente un bote tradicional irlandés para emprender unha travesía desde Dublín a Santiago de Compostela. O “currach”, que así se denomina este tipo de construción, é un tipo de barco cun marco de madeira, sobre o que se estiraban peles de animais, aínda que agora o lenzo é o máis habitual. A construción e o deseño do currach son exclusivos das costas occidentais de Irlanda. Coñécese como “naomhóg” nos condados de Cork, Waterford e Kerry e como "canoa" en West Clare. Danny coa axuda do artista Liam Holden e a colaboración doutros amigos, foi dando forma ao seu naomhóigh. Cortaron as madeiras, de roble e de pino, prepararon e ensamblaron listóns, bordas, cuadernas, barraganetes… Completado o esqueleto, forrárono cos lenzos que conforman o casco, prepararon a brea e, coidadosamente, procederon á súa impermeabilización. Cos largos remos sen pala, o mástil e a vela, completaron o bote. Quedaba así listo para comenzar as probas de mar e, finalmente, lanzarse á aventura xunto a tres amigos máis en 2014. Nacía así o “Naomh Gobnait”, unha embarcación que pronto se convertiría en emblema do Camiño por mar.