Exposición

O Museo do Mar de Galicia acolle dende o 7 de xuño de 2019 a mostra “Camiño por mar” que incluía como eixo cental a reconstrucción do “Naomh Gobnait” na que participaron os propios protagonistas da travesía así como por carpinteiros chegados de Irlanda.
A través de grandes láminas con textos e ilustracións, a mostra narra algúns dos aspectos máis salientables das relacións entre Galicia e Irlanda así como a historia da peregrinación en bote desde Dublín e o tráxico final que aconteceu na desembocadura do río Miño e que acabou coa vida do carpinteiro, poeta e pescador, Danny Sheehy, impulsor da travesía.
Durante o tempo que levou a recuperación, todos os visitantes puideron ver todas as labores de reparación e apreciar as características da embarcación ata a súa total restauración. Trátase do primeiro bote tradicional destas características que se repara no mundo e xa se convertiu no emblema do Camiño por Mar.