PAXINAS WEB RELACIONADAS CO CAMIÑO POR MAR
Ruta do mar de Arousa e río Ulla
A Ruta do mar de Arousa e río Ulla é un singular itinerario marítimo e fluvial que conmemora a chegada a Galicia, por mar, do corpo do apóstolo Santiago tras o seu martirio en Xerusalén, arredor do ano 44.
Travesía Naútica Xacobea
A Travesía Náutica Xacobea é unha opción de realizar o Camiño de Santiago dun xeito distinto,
por mar, e de conseguir a Certificación de Peregrinación Náutica, combinando navegación e
ruta terrestre. Entregámoste a Credencial do Peregrino, a selamos en cada porto e guiámoste
ata a Catedral por terra desde Portosín e desde Boiro.
Ruta Xacobea por mar
A ruta Xacobea por mar —na súa vertente ó longo do Mar Cantábrico— foi recuperada a raíz
del acordo entre a Diocese de Compostela e a asociación de portos deportivos do Cantábrico
‘North Marinas’, que puxo en marcha o proxecto Navega o Camiño.
Camiño do mar
O Camiño do Mar é unha variante do Camiño do Norte a Santiago de Compostela. Os que
optaban por esta vía, unha vez chegaban a Ribadeo, continuaban pola costa das provincias de
Lugo e parte da coruñesa, cunha parada en Santo André de Teixido. Después, incorporábanse
en Narón ó Camino Inglés
Camiño de mar
A asociación "El Camino del Mar Cantábrico" é un proxecto que xurde desde a paixón por
compartir un espazo máxico coa vista posta no horizonte mariño. Nómades e sendeiristas,
espíritos inquedos nunha viaxe cara o oeste, na súa particular ruta cara Santiago de
Compostela polo litoral cantábrico.