Novas do camiño por mar

O oscarizado Glen Hansard visita en Vigo o Naomhóg, o bote peregrino símbolo do Camiño por Mar

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2019.- O oscarizado Glen Hansard, un dos remeiros irlandeses participantes na peregrinación en bote de Dublín a Santiago entre os anos 2014 e 2016, visitaba hoxe en Vigo o Naomhg, a embarcación tradicional cuxa restauración foi o centro da exposición O Camiño por Mar. O músico atópase estes días en Galicia con motivo da presentación, mañá venres, en Pontevedra do seu último disco, This Wild Willing. Trátase dunha das poucas actuacións que Hansard ofrece en España.
A mostra forma parte do proxecto cultural desenvolvido pola Asociación Galega do Patrimonio Industrial, Buxa, que ten como fin difundir e poñer en valor o Camiño por Mar como parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia.
O Museo do Mar de Galicia acolle de maneira permanente esta exposición e o bote tradicional irlandés ‘Naomh Gobnait’, o Naomhóig, cuxa restauración foi levada a cabo por algúns dos protagonistas da travesía así como por carpinteiros chegados de Irlanda. Trátase do primeiro bote tradicional destas características que se repara no mundo e xa se convertiu no emblema do Camiño por Mar. Ao redor deste proxecto Buxa deseñou todo un proxecto cultural composto por toda unha serie de actividades de diverso contido e alcance e diferentes formatos e medios co fin de difundir e poñer en valor o Camino Xacobeo por Mar.

O Concello de Pontecesures acolle a exposición itinerante “O Camiño por Mar”

Santiago de Compostela, 4 de outubro do 2019.- O concello de Pontecesures acollerá do 10 ao 12 de outubro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación Galega do Patrimonio Industrial, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinación en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. Co fin de difundir e poñer en valor o Camiño por Mar, Buxa organiza esta exposición dirixida a todos os públicos que poderá visitarse na Casa da lamprea (na Praza de Abastos) do concello entre as 09:00 e as 13:00 horas da mañá e as 16:00 e as 20:00 horas da tarde. A través de grandes láminas con textos e ilustracións, descríbese a historia da peregrinación en bote desde Dublín así como do tráxico final que aconteceu na desembocadura do río Miño ademais de contemplar algúns dos aspectos máis salientables das relacións entre Galicia e Irlanda. Esta mostra itinerante, que continuará a súa andaina por outros concellos galegos, complementa a que, desde o 7 de xuño pode verse no Museo do Mar de Galicia en Vigo onde se está a restaurar o bote, o naomhóg, xa convertido no símbolo do Camiño por Mar e epicentro dunha serie de actividades que rememorarán a tradición do Camiño por mar, da navegación e das históricas relacións galaico-irlandesas.

O Edificio de Usos Múltiple de Sobrado acolle a exposición itinerante “O Camiño por Mar”

Santiago de Compostela, 21 de setembro do 2019.- O Edificio de Usos Múltiple “Casa da Irmandade” do concello de Sobrado acollerá do 25 ao 27 de setembro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación Galega do Patrimonio Industrial, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinación en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. Co fin de difundir e poñer en valor o Camiño por Mar, Buxa organiza esta exposición dirixida a todos os públicos que poderá visitarse no Edifício de Usos Múltiple do concello entre as 10:00 e as 14:00 horas. A través de grandes láminas con textos e ilustracións, descríbese a historia da peregrinación en bote desde Dublín así como do tráxico final que aconteceu na desembocadura do río Miño ademais de contemplar algúns dos aspectos máis salientables das relacións entre Galicia e Irlanda.

Rematados os traballos de reconstrución do Naomhóig na Tinte, símbolo do Camiño por Mar

Santiago de Compostela, 16 de septiembre de 2019.- O Naomhóig na Tinte, barco empregado por catro amigos irlandeses en 2014 para facer o Camiño de Santiago a remo desde Dublín, volta ao fin a ter vida. As labores de reconstrución do bote, depositado no Museo del Mar de Galicia despóis da súa varada en Portugal, chegaban hoxe ao seu fin no marco da iniciativa posta en marcha pola Asociación Galega para o Patrimonio Industrial, Buxa, co fin de poñer en valor a tradición do camiño xacobeo por mar. Os traballos de restauración do Naomhóig puideron seguirse en directo desde o pasado mes de xuño no marco da mostra O camiño por mar que pode aínda visitarse no Museo do Mar de Galicia ata o 31 de outubro e que serve de epicentro dunha serie de actividades que rememoran a tradición do Camiño por Mar, da navegación e das históricas relacións galaico-irlandesas. A mostra forma parte do programa ‘O teu Xacobeo’, impulsado pola Xunta de Galicia O bote, que se convertiu no emblema do Camiño Xacobeo por mar, foi reconstruído por parte dos remeiros protagonistas da travesía coa colaboración da asociación irlandesa Meitheal Mara.

A exposición itinerante “O Camiño por Mar” pode visitarse en Lourenzá

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2019.- O concello de Lourenzá acollerá do 4 ao 6 de setembro a exposición O Camiño por Mar que organiza a Asociación do Patrimonio Industrial de Galicia, Buxa. Trátase dunha mostra itinerante sobre a peregrinanción en bote de Dublín a Santiago feita por catro amigos irlandeses no ano 2014. O proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo, impulsado pola Xunta de Galicia. Co fin de difundir e poñer en valor o Camiño por Mar, Buxa organiza esta exposición dirixida a todos os públicos que poderá visitarse na Sala de Exposicións do concello entre as 17.00 e as 20.00 horas. A través de grandes láminas con textos e ilustracións, descríbese a historia da peregrinación en bote desde Dublín así como do tráxico final que aconteceu na desembocadura do río Miño ademáis de contemplar algúns dos aspectos máis salientables das relacións entre Galicia e Irlanda.

Comeza a recontrución do bote irlandés no marco da exposición O Camiño por Mar

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019.- O Museo do Mar de Galicia acolle dende hoxe e ata o vindeiro 31 de outubro a exposición O Camiño por Mar, organizada pola Asociación Galega do Patrimonio Industrial, Buxa, e que inclúe a reconstrución en vivo da embarcación Naomhóig, o barco empregado por catro amigos irlandeses en 2014 para facer o Camino de Santiago a remo dende Dublín. A mostra, que foi inaugurada hoxe, contou coa presenza dos protagonistas da travesía, Liam Holden, Brendan Moriarty e Brendan Begley. A presentación da exposición contou coa proxección por vez primeira en España do documental gravado durante a viaxe,“The Camino Voyage”, unha peza audiovisual que acaba de ser candidata ao mellor documental no Celtic Media Festival. Co fin de difundir e poñer en valor o Camiño por Mar, Buxa ten previstas toda unha serie de actividades de diverso contido e alcance (desde colexios de ensinanza primaria a asociacións profesionais) e diferentes formatos e medios (talleres, conferencias, exposicións, documentos audivisuais…).

Buxa presenta a exposición “O Camiño por Mar”

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2019.- A Asociación Galega do Patrimonio Industrial (Buxa) e o Museo do Mar de Galicia presentaron hoxe a mostra “O camiño por Mar” que inclúe o proxecto de reconstrución da embarcación “Naomhóig”, o barco empregado por catro amigos irlandeses para facer o Camiño de Santiago a remo desde Dublín e que acabou por se converter no emblema do Camiño Xacobeo por Mar.  O bote, depositado no Museo do Mar de Galicia despóis da súa varada en Portugal, vai ser reconstruído no marco desta exposición, epicentro dunha serie de actividades que rememorarán a tradición do Camiño por Mar, da navegación e das históricas relacións galaico-irlandesas. Segundo o presidente de Buxa, Manuel Lara Coira, “serán os propios remeiros os que realizarán as labores de reconstrución no mes de xuño, uns traballos que poderán seguirse en directo no marco da mostra presentada hoxe e que poderá visitarse no Museo do Mar de Galicia do 7 de xuño ao 31 de outono”. “Arredor de dito proxecto” –sinalaba- “desenvolveranse outras actividades de diverso contido en diferentes formatos e medios de cara a valoración e promoción do Camiño Xacobeo por Mar”. Liam Holdem, un dos remeiros copropietario do bote, interviña facendo públicas as conversas cos amigos cos que fixera a viaxe así como a súa disposición e satisfacción á hora de colaborar neste proxecto. Pola súa banda, Pádraig Ó Duinnín, fundador da obra social Meitheal Mara, resumía a actividade do estaleiro Meitheal Mara e daba conta da redacción do acordo de colaboración entre eles, Buxa e o Museo do Mar de Galicia. Liam Holden e Pádraig Ó Duinnín visitan estes días Vigo convidados por Buxa para planificar e organizar a restauración deste barco tradicional irlandés no marco da mostra.